Os nosos animais, crecendo sans e fortes

A horta comparte lugar cos nosos polos e galiñas. Nos últimos anos incorporamos as razas do noso país (galiña de Mos e galiña Piñeira), axudando así á recuperación das mesmas. A súa alimentación é completamente ecolóxica e moi variada (millo, calabaza, verzas, etc.), ademáis de levar unha vida en liberdade, garantizando así que as súas carnes e ovos sexan da máxima calidade.

Asi mesmo, o noso pequeno gando ovino goza dunha alimentación variada e bio, saíndo ao monte tódolos dias.