Foi ala polo 2009 cando comezamos a botar as primeiras sementes, esas que cada ano medran un chisquiño mais e fan mais grande este proxecto...
Como moitos de vos sabedes non paramos de traballar e de facer cousas novas, porque nos gusta e porque o vivimos e o desfrutamos.
Estamos rematando este 2016 e para o 2017 os proxectos son moitos e variados, novas terras para horta, campos de froiteiras, uva...todo apostando polas variedades locais, as nosas, as de aqui!
A idea e ilusión e poder ofrecer a máxima variedade de productos producidos por nos...
Temos mais ganas e forzas que nunca e todo grazas a xente que nos apoia!! Grazas por estar ahi!!
Poderiamos contar moito mais pero sabedes que estamos preto de vos e que podedes visitarnos cando queirades.
Grazas por apreciar o noso traballo!!
Felices festas e próspero aninovo!!
Recibide unha forte aperta!!.