lunes, 26 de diciembre de 2016

Cos nosos mellores desexos para este nadal e un próspero ano novo

Foi ala polo 2009 cando comezamos a botar as primeiras sementes, esas que cada ano medran un chisquiño mais e fan mais grande este proxecto...

Como moitos de vos sabedes non paramos de traballar e de facer cousas novas, porque nos gusta e porque o  vivimos e o desfrutamos.

Estamos rematando este 2016 e para o 2017 os proxectos son moitos e variados, novas terras para horta, campos de froiteiras, uva...todo apostando polas variedades locais, as nosas, as de aqui!

A idea e ilusión e poder ofrecer a máxima variedade de productos producidos por nos...

Temos mais ganas e forzas que nunca e todo grazas a xente que nos apoia!! Grazas por estar ahi!!

Poderiamos contar moito mais pero sabedes que estamos preto de vos e que podedes visitarnos cando queirades.

Grazas por apreciar o noso traballo!!

Felices festas e próspero aninovo!!

Recibide unha forte aperta!!.


Bancais de espárrago con grelo

Nunha contorna privilexiada baixo o esplendoroso castro da parroquia de Chan de Brito, atópanse as nosas terras con bancais de espárrago e grelo que cultivamos e mimamos durante o inverno.


Novos cultivos en Chan de Brito

Hai un par de semanas realizamos novos cultivos no lugar do Soeido, en Chan de Brito. Un novo anaco de terra duns 300 metros cadrados que estaba sen traballar e que a partires de agora producirá pataca e verdura de calidade.

jueves, 18 de agosto de 2016

Mallando e gardando o centeo en gran

A principios e mediados de agosto desenvolvemos, de xeito tradicional, a malla do noso centeo -a mesma variedade que xa botaban os nosos antepasados-, cultivado nos lugares do Soeido e A de Rorís (Chan de Brito), cunha superficie total duns 700 m2.

Regando o millo

Despois de asistir a diversas feiras durante este ano 2016 (Gondomar, Vilaboa, Ponteareas, Porriño, Vigo, etc.) e con motivo da calor, fixose preciso regar as terras, entre elas as cultivadas con millo. A auga, como líquido vital para a vida, faise esencial nestas labores, como xa sabían os nosos antepasados de lonxe, que usaban as augas encoradas na presa da Lapela para regar cada dezasete dias os campos do Soeido, en Chan de Brito, dende finais de xuño ata o dia 8 de setembro. Como xa é costume, cando menos dende hai uns 300 anos, un ano máis continuamos con esa tradición.

domingo, 8 de mayo de 2016

I Mercado de Alimentación Ecolóxica

O domingo dia 8 de maio en horario de 11 a 20.00 h. participamos no I Mercado de Alimentación Ecolóxica, que se desenvolverá na Planta Coworking, situada na Rúa Zaragoza núm. 8, en Vigo. Pola tarde terán lugar charlas de Alimentación natural (Juan José Núñez Gallego, médico) e de Transxénicos e pesticidas nos alimentos (César Lema Costas, biólogo).

Feira Bio do Porriño

O pasado domingo dia 24 de abril participamos na Feira Bio do Porriño.

lunes, 28 de marzo de 2016

Charla no Instituto de ensino secundario Val Miñor

O pasado dia 11 de febreiro, convidados polo profesorado do centro docente, participamos nunha charla no IES Val Miñor de Nigrán, donde falamos durante case unha hora ante mestres e alumnado das cousas que facemos, as experiencias que vivimos..., co obxectivo principal de sensibilizar aos xóvenes en materia de agricultura sustentable. Máis información no seguintes enlaces: http://www.edu.xunta.es/centros/iesvalminor/?q=node/514 http://www.edu.xunta.es/centros/iesvalminor/?q=node/515