lunes, 9 de noviembre de 2015

Participación na I Festa do muiño dos Matos, en Chan de Brito

O domingo 8 de novembro celebrouse a I Festa do Muiño dos Matos, na parroquia de Chan de Brito, organizada pola Asociación Cultural "Chandebrito 1807" na que, ademáis de varios artesáns, participou Horta do Val, entre outros colaboradores. Despois de permanecer abandonado dende o ano 1973, volveu funcionar o muiño dos Matos, no que ademáis de moer millo durante este dia especial, amenizado pola música dun grupo de gaitas vigués, realizouse unha exposición de fotografías antigas relacionadas cos cereais cultivados na zona, de utensilios empregados con estes traballos, de pezas do muiño e de variedades locais de millo.

sábado, 17 de octubre de 2015

I Mercado Biotoñal en Pesqueiras

O vindeiro domingo dia 18 de outubro celebrarase en Pesqueiras (Salvaterra do Miño) a I Feira-Mercado Biotoñal. Este evento, no que participará Horta do Val, contará con diversas actividades de interese.

viernes, 4 de septiembre de 2015

II Mercado ecolóxico e artesán de Salceda de Caselas

O vindeiro domingo dia 6 de setembro desenvolverase o II mercado ecolóxico e artesanal de Salceda de Caselas.

miércoles, 26 de agosto de 2015

Mercado eco. Ponte das Partidas (Moreira)

Despois de participar no Ecofeirón celebrado en Covelo o dia 23 de agosto, Horta do Val asistirá o vindeiro domingo dia 30 deste mes ao Mercado ecolóxico "Ponte das Partidas", en Moreira (Ponte Areas).

jueves, 23 de julio de 2015

Recuperamos a pataca galega Fina de Carballo

Este ano damos por recuperada a nosa pataca galega Fina de Carballo, ainda que agardamos poder comercializala como tal para o vindeiro ano.



miércoles, 15 de julio de 2015

3ª Romaría de produtos do campo (Postemirón- Vilaboa)



O vindeiro sábado dia 18 de xullo celebrarase en Postemirón (Vilaboa) a III Romaria de produtos do Campo, á que acudirá unha vez máis Horta do Val.

Para chegar haberá carteis informativos desde a N550. De todos modos a feira é no campo da festa de Postemirón, na estrada que une Figueirido   ( A BRILAT)  co Lago de Castiñeiras. Neste link podedes ver: https://www.google.es/maps/place/36141+Postemir%C3%B3n,+Pontevedra/@42.3760548,-8.6588071,650m/data=!3m1!1e3!4m2!3m1!1s0xd2f6553480f1d3b:0x1464ddeee0d9a338!6m1!1e1 

A apertura da feira é ás 10.30 h., e os postos que se colocarán son os seguintes:

HORTA 7 postos
PLANTAS 2 postos
CERVEXA 3 postos
XABRON 2 postos
ARTESANATO 5 postos
COMIDA 3
REPOSTERIA 3 postos
PAN 2 postos
FUNGOS 2 postos
Outros postos particulares

lunes, 6 de julio de 2015

Participación no Eco Feirón de Ponte Areas

Horta do Val participou o pasado domingo 5 de xullo no exitoso Eco Feirón de Ponte Areas.

Nesta ocasión estreou un novo posto que mellora as condicións de exposición dos produtos.




viernes, 29 de mayo de 2015

Recuperamos o millo autóctono

O pasado 7 de maio sementamos o noso millo corvo nunha leira de Chan de Brito.

Neste senso, cabe destacar tamén a recuperación da variedade de millo autóctono que se cultivaba nesta parroquia dende tempos inmemoriais e que se ía deixar de sementar este ano por parte da única familia que o tiña; e que nós recollemos para cultivar no lugar da Pousa, para que desta forma non se perda.

Todos os procesos realízanse de xeito ecolóxico.



As tres fotografías correspóndense ao cultivo do millo corvo na parroquia de Chan de Brito

Feira da Illa en Meira o 31 de maio

O vindeiro domingo dia 31 de maio celebrarase a Feira da Illa durante toda a xornada, en Meira (Moaña), organizada polo colectivo Meiramar - Axóuxeres.

Nesta XI edición, na que participará Horta do Val, haberá artesanía, gastronomía, talleres, exposicións, música, xogos, folclore, etc.




viernes, 15 de mayo de 2015

II Feirón Ecolóxico e Alternativo de Guláns

O domingo 17 de maio celebrarase no Parque da Avisoureira (Guláns, Ponteareas) o II Gran Feirón Ecolóxico e Alternativo, no que participará Horta do Val.

jueves, 23 de abril de 2015

Mercado ecolóxico, artesán e alternativo no Porriño

O vindeiro domingo dia 26 de abril, participaremos no Mercado ecolóxico, artersán e alternativo do Porriño, EcoMercadón, organizado polo Concello desta vila.

Ao longo do dia, desenvolveranse diversas actividades (música, obradoiros, sorteos, charlas...) preto da Capela de San Sebastián, que en caso de chuvia se trasladará aos soportais da Casa do Concello do Porriño.


viernes, 6 de marzo de 2015

Feira de agricultura ecolóxica na Praza do Concello de Salceda

Horta do Val participará na Feira de Artesanía e Agricultura ecolóxica que promove o Concello de Salceda de Caselas, que se celebrará este domingo dia 8 de marzo en horario de 10.00 a 19.00 h. na Praza do Concello.