martes, 9 de diciembre de 2014

Horta do Val HOXE no programa da TVG "Cos pés na terra"




Hoxe martes dia 9 de decembro ás 22.30 h., coincidindo co comezo da nova tempada do programa "Cos pés na terra", está previsto que publiquen na Televisión de Galicia a gravación que fixo a produtora deste interesante programa en relación a Horta do Val.

Tamén se pode ver na internet, pinchando no seguinte enlace (seleccionar todo e co botón dereito do rato indicar "abrir o enlace"):  
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-40-4-temporada-idoia-ricardo-e-vitor

Neste programa poderemos seguir historias humanas apaixonantes de esforzo e tesón, con humor e simpatía, que nos achegan a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio de desenvolver o seu traballo.

Tres protagonistas, tres historias, tres vidas distintas, entrelázanse en cada programa, en función do contraste que presenten; así estará o que vive só e o que ten familia numerosa; o que recupera labores e produtos tradicionais xunto ao que innova ou opta polo exótico; o prudente e o botado para diante; o novato e o experto, o que ten a cidade a un paso e o que vive lonxe de todo.

En cada entrega poderemos vivir de preto as pequenas e grandes historias destes homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Novo cultivo de espárrago



Contamos cun novo cultivo de espárrago, situado nas terras de Chan de Brito, e cuxa primeira produción agardamos sacar de cara ao ano que ven.