jueves, 23 de octubre de 2014

Presentación en sociedade das nosas cenorias

Estas son as nosas cenorias, recén extraídas das terras "da de Per Costas", en Chan de Brito, como facemos sempre, sen necesidade de botarlles abonos e outros productos químicos de síntese; simplemente tratando con moita adicación e agarimo ás plantas.

jueves, 16 de octubre de 2014

7ª Xornada de saúde natural e ecoloxía, o 25 e 26 de outubro

Organizada pola “Escuela de salud Gallego”, os vindeiros dias 25 e 26 de outubro no Auditorio do Conservatorio Superior de Música, no Parque do Castro de Vigo, realizaranse as 7ªs xornadas de saúde natural e ecoloxía, nas que varios expertos impartirán un total de doce conferencias.

A entrada é libre e de balde, existindo un peto para que se poidan realizar doazóns de xeito voluntario, sendo a recadación para Adenco, en agradecemento ao labor altruista que realiza a favor do planeta. Outro peto permanecerá colocado no Servicio de Gardería infantil para as voluntarias que o  atenden.
Está prevista a asistencia de 19 postos, entre os que se atopará o de Horta do Val.

Máis información na páxina web www.escueladesaludgallego.es


XIII Encontro da Rede Galega de Sementes en Redondela, 11 outubro

Un ano máis, realizouse na Alameda de Redondela o sábado dia 11 de outubro, o clásico encontro de outono da rede galega de sementes; no que participou Horta do Val, e que se desenvolveu co seguinte programa:

10h apertura da feira
11h apertura da mesa de troco de sementes*
12h “II exposición da flora galega”
“O RESPECTO DA NATUREZA REFLICTE A CULTURA DUN POBO” (Dito popular recollido en Ushuaia (Arxentina), a cidade mais austral do mundo)
12h obradoiro infantil: mandalas vexetais
14h xantar popular
16.30h troco de coñecementos e saberes: mesa de redonda con sabias/os, e con 3 temas de conversa: horticultura, fruticultura e plantas medicináis.
17.30h obradoiro para crianzas e adultos de construcción de espantallos
18.30h obradoiro de extracción e conservación de sementes
*horario da mesa de troco; 11 a 14 h. e 16 a 19 h.

Dende aquí, felicitamos unha vez máis aos organizadores pola súa boa acollida e a excepcional organización deste evento, que agardamos cada ano vaia a máis.



jueves, 2 de octubre de 2014

Asistencia ao I Feirón bio de Guláns

Horta do Val estivo presente no I Feirón bio de Guláns, no municipio de Ponte Areas, celebrado o domingo dia 21 de setembro.

A pesar da inestabilidade do tempo nesas datas, as condicións climatolóxicas dese día foron inmellorables, algo que contribuiu de xeito notable a que os actos se desenvolvesen á perfección.

Xa por último, queremos felicitar á organización polo éxito obtido neste evento, ao que concorreron preto de 90 postos de artesanía e produtos ecolóxicos, e que recibiu a visita de centos de persoas das bisbarras do Condado - Paradanta e doutras da contorna, e ao mesmo tempo animalos a que continúen nesa liña.