martes, 9 de diciembre de 2014

Horta do Val HOXE no programa da TVG "Cos pés na terra"




Hoxe martes dia 9 de decembro ás 22.30 h., coincidindo co comezo da nova tempada do programa "Cos pés na terra", está previsto que publiquen na Televisión de Galicia a gravación que fixo a produtora deste interesante programa en relación a Horta do Val.

Tamén se pode ver na internet, pinchando no seguinte enlace (seleccionar todo e co botón dereito do rato indicar "abrir o enlace"):  
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-40-4-temporada-idoia-ricardo-e-vitor

Neste programa poderemos seguir historias humanas apaixonantes de esforzo e tesón, con humor e simpatía, que nos achegan a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio de desenvolver o seu traballo.

Tres protagonistas, tres historias, tres vidas distintas, entrelázanse en cada programa, en función do contraste que presenten; así estará o que vive só e o que ten familia numerosa; o que recupera labores e produtos tradicionais xunto ao que innova ou opta polo exótico; o prudente e o botado para diante; o novato e o experto, o que ten a cidade a un paso e o que vive lonxe de todo.

En cada entrega poderemos vivir de preto as pequenas e grandes historias destes homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Novo cultivo de espárrago



Contamos cun novo cultivo de espárrago, situado nas terras de Chan de Brito, e cuxa primeira produción agardamos sacar de cara ao ano que ven.

jueves, 23 de octubre de 2014

Presentación en sociedade das nosas cenorias

Estas son as nosas cenorias, recén extraídas das terras "da de Per Costas", en Chan de Brito, como facemos sempre, sen necesidade de botarlles abonos e outros productos químicos de síntese; simplemente tratando con moita adicación e agarimo ás plantas.

jueves, 16 de octubre de 2014

7ª Xornada de saúde natural e ecoloxía, o 25 e 26 de outubro

Organizada pola “Escuela de salud Gallego”, os vindeiros dias 25 e 26 de outubro no Auditorio do Conservatorio Superior de Música, no Parque do Castro de Vigo, realizaranse as 7ªs xornadas de saúde natural e ecoloxía, nas que varios expertos impartirán un total de doce conferencias.

A entrada é libre e de balde, existindo un peto para que se poidan realizar doazóns de xeito voluntario, sendo a recadación para Adenco, en agradecemento ao labor altruista que realiza a favor do planeta. Outro peto permanecerá colocado no Servicio de Gardería infantil para as voluntarias que o  atenden.
Está prevista a asistencia de 19 postos, entre os que se atopará o de Horta do Val.

Máis información na páxina web www.escueladesaludgallego.es


XIII Encontro da Rede Galega de Sementes en Redondela, 11 outubro

Un ano máis, realizouse na Alameda de Redondela o sábado dia 11 de outubro, o clásico encontro de outono da rede galega de sementes; no que participou Horta do Val, e que se desenvolveu co seguinte programa:

10h apertura da feira
11h apertura da mesa de troco de sementes*
12h “II exposición da flora galega”
“O RESPECTO DA NATUREZA REFLICTE A CULTURA DUN POBO” (Dito popular recollido en Ushuaia (Arxentina), a cidade mais austral do mundo)
12h obradoiro infantil: mandalas vexetais
14h xantar popular
16.30h troco de coñecementos e saberes: mesa de redonda con sabias/os, e con 3 temas de conversa: horticultura, fruticultura e plantas medicináis.
17.30h obradoiro para crianzas e adultos de construcción de espantallos
18.30h obradoiro de extracción e conservación de sementes
*horario da mesa de troco; 11 a 14 h. e 16 a 19 h.

Dende aquí, felicitamos unha vez máis aos organizadores pola súa boa acollida e a excepcional organización deste evento, que agardamos cada ano vaia a máis.



jueves, 2 de octubre de 2014

Asistencia ao I Feirón bio de Guláns

Horta do Val estivo presente no I Feirón bio de Guláns, no municipio de Ponte Areas, celebrado o domingo dia 21 de setembro.

A pesar da inestabilidade do tempo nesas datas, as condicións climatolóxicas dese día foron inmellorables, algo que contribuiu de xeito notable a que os actos se desenvolvesen á perfección.

Xa por último, queremos felicitar á organización polo éxito obtido neste evento, ao que concorreron preto de 90 postos de artesanía e produtos ecolóxicos, e que recibiu a visita de centos de persoas das bisbarras do Condado - Paradanta e doutras da contorna, e ao mesmo tempo animalos a que continúen nesa liña.

domingo, 14 de septiembre de 2014

I Feirón Ecolóxico e Alternativo en Guláns, o 21 de setembro.

"Ecohuerta medicinal" está organizando o I Feirón Ecolóxico e Alternativo, previsto para o domingo dia 21 de setembro, no Parque da Avisoureira, en Guláns (Ponte-Areas), e que contará coa participación de Horta do Val.





Haberá stands promocionais de novos productos eco e mesa informativa sobre nutrición, remedios naturais, como cultivar en ecoloxico, control de pragas bioloxico, etc.

Tamén se realizarán numerosos sorteos e cestas ecolóxicas para todos os asistentes, ademáis de  postos de bebidas, comida bio, posto de porco celta Ecolóxico á grella de A Rocha de Padrons (Ponteareas), exhibición de Oficios tradicionais, coiro, pedra, barros, cesteria e venta de artesanía, cremas naturais, bocatas bio, Licores caseiros, productos da horta, cultivo de cogumelos, postos de mel, Reposteria integral, Mesas informativas sobre enerxías renovables, banca ética, consumo responsable de Cooperativa Árbore e Pontesolidaria de Ponteareas para recollida de alimentos e máis postos, etc.

O Feirón é todo o dia. Ao mediodía farase o primeiro sorteo especial de 4 racións de porco celta e pola tarde haberá actividades, charlas e máis sorteos con lotes e cestas importantes de productos de cosmética natural, alimentos da huerta, ferramentas do campo, etc. Máis de 8 sorteos diferentes a elexir polos agraciados. 

Máis información nos teléfonos núm. 986.64.96.78 e 655.14.65.05 (Carlos).

lunes, 4 de agosto de 2014

Cultivos en Fornelos da Ribeira, Salvaterra do Miño





Nestas fotografías poden observarse os cultivos existentes na finca que temos na parroquia de Fornelos da Ribeira, no municipio de Salvaterra do Miño, cunha cor verde intensa e situada nun enclave privilexiado que a principios do século XIX gozou de municipio propio e que é famoso pola proximidade da morada da raíña dona Urraca na idade media.

Recollendo xudia na Pousa cos nenos

Nos últimos dias recolléronse xudias na finca da Pousa, en Vilaza; na moi grata compaña dos nenos e nenas, aos que queremos transmitirlle a importancia do respeto á biodiversidade, o cuidado da natureza, para achegar un grao de area de cara á sustentabilidade do planeta.

lunes, 21 de julio de 2014

2ª Romaría de produtos do Campo en Vilaboa

O pasado sábado dia de 19 de xullo celebrouse en Postemiron – Vilaboa a 2ª ROMARÍA DE PRODUTOS DO CAMPO (XI ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES), na que se congregaron uns 40 postos, entre os que estaba o de Horta do Val. Durante toda a xornada asistiron moitas persoas.

Este evento estivo organizado pola Asociación “A Veigha do Palheiro” (Postemirom), e apoiada pola Comunidade de Montes de Vilaboa, a Asociación de Veciños de Postemiron-Graña e o Concello de Vilaboa.


O PROGRAMA foi o seguinte:

11h00 abertura da Feira e da exposiçom «A Cebola de Vilaboa»
11h00 abertura da mesa para o troco de sementes
11h00 obradoiro para elaboraçom de pam
(prévia inscriçom em aveigadopalheiro@gmail.com, 10 euros por pessoa)
12h00 Aspectos prácticos da horta ecológica com Aurea Goiti
12h00 Riscos dos agrotóxicos (sulfatos) na saúde com César Lema
13h30 música e vermout com Tinta Femia música tradicional e
grupo de baile Os Borrateiros
comida campestre 14h00
(haverá postos com venda de comida e polbeiro)
Jogos populares com Paporrubio 16h00
(www.paporrubio.com)
Recuperando a sidra tradicional e galega: Sidra Ribela 17h00
com Jesús Armenteros
O cultivo da cebola de Vilaboa 18h00
Feche da mesa de troco de sementes 19h00
Durante todo o dia houbo exposiçom e venda de produtos do campo
de cultivo ecológico e de cultivo local, e venda de artesanato
Ao longo da jornada acompanhou-nos Paporrubio que puso a
disposiçom dos visitantes diferentes jogos populares
Contouse com postos de comida ecológica e com polbeiro e um
lugar à sombra para comer.


lunes, 30 de junio de 2014

Celebrouse un novo encontro da rede de sementes en Goián

A Rede Galega de Sementes segue a crecer; coa celebración dun novo encontro á beira do Río Miño, que tivo lugar na Fortaleza de Goián (Tomiño) o pasado sábado dia 21 de xuño, e na que se contou coma sempre coas mesas de troco de sementes, actividades, e espazos para as crianzas.

Nesta ocasión, Horta do Val tamén participou cun posto no que se podía atopar un amplo tipo de produtos producidos por nós.

O programa de actividades foi o seguinte:

De 10:00 a 21:00 as produtoras teran os seus postos, para que poidades ter, mercar produtos ecoloxicos.
As 11:00 montarase a mesa de troco da rede, ata a 13:30 e pola tarde de 16:00 a 19:00
As 11:30 A partilla sobre Eco-feminismo.
As 17:00 Obradoiro de estración de sementes.
As 18:00 Palestra do monocultivo a autosuficiencia.
As 18:30 obradoiro misical para crianzas.
As 21:00 Acuación teatral, Esconxuro


martes, 3 de junio de 2014

Éxito da I Feira de sementes de Gondomar

A Feira de Sementes de Gondomar, celebrada na contorna da casa consistorial deste municipio o pasado sábado dia 31 de maio, e na que estivemos presentes cun posto, foi todo un éxito. Dende aquí, queremos agradecer aos organizadores o convite que nos fixeron e ao mesmo tempo felicitalos pola boa acollida que tivo este evento, que agardamos se volva a celebrar e que vaia a máis.




miércoles, 7 de mayo de 2014

X Encontro da Rede de Sementes en Gondomar

Horta do Val participará no X Encontro da Rede Galega de Sementes que se celebrará en Gondomar o vindeiro sábado dia 31 de maio, diante do Casa do Concello.

Trátase dun espazo de troco ou intercambio de sementes de variedade local no que pode participar calquer persoa.

PROGRAMA


10:00h Apertura da Feira
11:00h Apertura da mesa de troco: trae as túas sementes para trocar
12:00h Obradoiro de extracción de sementes
14:00h Xantar popular. Trae comida para compartir
16:00h Apertura da mesa de troco.
17:00h Mesa de sabias/os: falaremos con veciños e veciñas maiores de Gondomar sobre as tarefas tradicionais do campo
19:00h Peche da mesa de troco
19:30h Concerto de música tradicional a cargo da Orquestra Autóctona Republicana: A Bagunda
E ao longo do día feira de alimentos ecolóxicos e da horta familiar tradicional Talleres de arteterapia o redor da semente
Trae as sementes dos teus avós para trocar !!.

jueves, 3 de abril de 2014

Concursamos no programa Entre familias anda o xogo

Onte mércores a familia Gómez participamos no concurso "Entre familias anda o xogo", que se emite os sábados pola noite na TVG, "loitando" por acadar o diñeiro para construir un pozo de auga para unha das nosas terras nas que producimos produtos ecolóxicos; algo que finalmente conseguimos.

O que gravamos onte emitirase nesa canle o vindeiro sábado dia 12 de abril a partir das 22.00 horas. A partir dese dia poderase ver o programa accedendo á seguinte páxina web: http://www.crtvg.es/tvg/programas/entre-familias-anda-o-xogo .

Para nós, aínda que foi unha fatigadora xornada, tamén se convertiu nunha moi grata experiencia, que pasamos apoiados por familiares a amigos. Hai que dicir tamén que todo o equipo do programa se portou fenomenal connosco, algo que lle queremos agradecer.

Ademáis da familia e amigos, damos as gracias aos nosos clientes polo seu afecto e apoio, que sen dúbida, foi moi importante para alcanzar o noso obxectivo.

lunes, 24 de marzo de 2014

II Programa Agroecolóxico do Concello de Salceda

Horta do Val participará no “II Programa agroecolóxico” que organiza o Concello de Salceda de Caselas, e que comezou o pasado venres dia 21 de marzo.

A cita terá lugar o venres dia 4 de abril ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Salceda de Caselas.

O tema a debater será o de “Agricultura ecolóxica non certificada (mercado de confianza)”, ao que están convidados os produtores “Coala”, “Cesta Fresca” e “Horta do Val”.

Este tipo de xornadas buscan incidir principalmente na calidade de vida das persoas e nas súas costumes agrarias, ofrecendo alternativas laborais máis respetuosas co medio ambiente e que pemitan a sustanbilidade do medio. A saúde é un tema primordial no que se pretende incidir, e a alimentación é unha parte fundamental da nosa saúde e calidade de vida, que debemos de ter en conta e valorar. O mercado de produtos ecolóxicos e de cercanía aumenta a nosa calidade de vida e o coidado do noso medio

Para obter maior información sobre este asunto, os interesados poden acceder á páxina web: