Horta do Val colaborará no obradoiro de elaboración de pan ecolóxico que organiza a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", que se celebrará no local desta (escola infantil de Chan de Brito) o vindeiro fin de semana durante toda a xornada do sábado e o domingo 12 pola mañá.
O curso impartirao o investigador, permacultor e biólogo César Lema.
Créase no 2009, baseado nunha agricultura sustentable, ecolóxica e local (só se distribúe pola comarca), reducimos e reutilizamos todo o posible, respetando o medio ambiente. Cultivamos uns 3.500 m2 de terra entre Vilaza(Gondomar) e Chandebrito (Nígrán): hortalizas, verduras, cereais e froita, que se distribuén os mércores (previo pedido que se pode realizar ata o dia anterior). Contacto:628923411 / hortadoval@gmail.com