domingo, 28 de julio de 2013

Algúns produtos frescos cultivados actualmente

Estes son algúns dos lotes de produtos, na súa gran maioría producidos no Val Miñor, entregados a domicilio nas últimas datas. Entre eles, unha coliflor que pesaba uns 3 quilogramos.
Todos eles son froito dun delicado traballo realizado por nós de xeito agarimoso durante un certo periodo de tempo.






Por outra banda, algúns dos cultivos que se manteñen este ano en Chan de Brito presentan este aspecto (a última fotografía correspóndese a un dia no que caeu unha forte carga de saraiba):






Este é parte do gando ovino que temos actualmente, que pasta tódolos dias nos montes da nosa parroquia e complementa a súa dieta cos produtos ecolóxicos das nosas hortas:


Comezo da malla do noso centeo

A semana pasada comezamos a mallar de xeito tradicional e en eira de pedra o noso centeo cultivado en Chan de Brito. Nesta ocasión mallouse o cereal recollido nuns 300 m2 de superficie, restando uns 500 máis, que se agarda realizar en breve.



Horta do Val participou na II Feira Nornas de produtos ecolóxicos

Horta do Val estivo presente na segunda edición da feira de artesanía, produtos ecolóxicos e de segunda man organizada polo Hostal Nornas de Gondomar, no recinto deste o pasado domingo dia 30 de xuño. Nesta ocasión, todos os participantes procediamos da comarca do Val Miñor.

O posto colocado ofreceu produtos frescos da zona e tamén outros elaborados por nós (galletas de améndoa, marmeladas de diversos tipos de froita da comarca, marmelo, etc.

Dende aquí queremos agradecer aos seus responsables e organizadores o convite que nos fixeron e ao mesmo tempo felicitalos e animalos a que sigan promovendo este tipo de actividades que consideramos fomentan o comercio xusto, local e o respeto ao medio ambiente natural; principios básicos nos que se sustenta o noso proxecto.