jueves, 19 de diciembre de 2013

Xabróns artesáns do lugar de Tombo

A partires de decembro temos disponibles diferentes tipos de xabróns “arte-sanos”, realizados de forma totalmente artesanal, do lugar de Tombo, en Gondomar.

Entre eles, podemos atopar xabróns que conteñen aloe vera, argán, cacao e laranxa, caléndula, canela, jojoba e azahar, loureiro, lavanda, menta e mel e de rosa mosqueta; todos eles cunhas extraordinarias propiedades beneficiosas para o corpo.






viernes, 6 de diciembre de 2013

Sorteo dunha cesta de produtos de Horta do Val

O vindeiro domingo dia 22 de de decembro sortearase unha cesta de produtos moi variados das nosas hortas.

Non vos quededes sen a vosa participación!.

martes, 5 de noviembre de 2013

Horta do Val colabora nos cursos de cestería

Horta do Val colabora co curso de cestería en palla organizado pola Asociación Veciñal e Cultural “Chandebrito 1807”.
Entregarase gran parte do centeo apañado para que os participantes no curso poidan aprender a realizar cestos con palla deste cereal, actividade que se desenvolverá tódolos luns deste mes de novembro, decembro e xaneiro baixo a dirección do mestre cesteiro artesán Rubén Berto Covelo.
Con elo, preténdese recuperar e poñer en valor este antigo oficio e unha actividade sustentable e respectuosa co medioambiente.

jueves, 17 de octubre de 2013

Entrevístanos a Asociación A Grova: Horta do Val, un proxecto sustentable no Val Miñor


A Horta do Val na parroquia de Chandebrito, en Nigrán.

A Groba inicia unha ronda de entrevistas a persoas que apostan por proxectos sustentables, o medio ambiente é un xeito de ver e entender a vida. Compartiremos ideas que están en marcha, con mais ou menos tempo de vagaxe.


 
A aposta de A Groba é desenvolverse na liña da sostibilidade por eso queremos compartir experiencias. No Val miñor están a xurdir exemplos de actividades económicas, que xeran emprego para os xóvenes e que se enfocan con novos criterios. Iniciamos tamén a primeira dunha serie de entrevistas con xóvenes agricultures ecolóxicos que comercializan os seús productos de calidade no val.
Na nosa páxina web atoparedes información, na páxina de FB e de Pinterest, tedes moitos xeitos de compartir con nos e facernos chegar as vosas opinións.  

domingo, 28 de julio de 2013

Algúns produtos frescos cultivados actualmente

Estes son algúns dos lotes de produtos, na súa gran maioría producidos no Val Miñor, entregados a domicilio nas últimas datas. Entre eles, unha coliflor que pesaba uns 3 quilogramos.
Todos eles son froito dun delicado traballo realizado por nós de xeito agarimoso durante un certo periodo de tempo.






Por outra banda, algúns dos cultivos que se manteñen este ano en Chan de Brito presentan este aspecto (a última fotografía correspóndese a un dia no que caeu unha forte carga de saraiba):






Este é parte do gando ovino que temos actualmente, que pasta tódolos dias nos montes da nosa parroquia e complementa a súa dieta cos produtos ecolóxicos das nosas hortas:


Comezo da malla do noso centeo

A semana pasada comezamos a mallar de xeito tradicional e en eira de pedra o noso centeo cultivado en Chan de Brito. Nesta ocasión mallouse o cereal recollido nuns 300 m2 de superficie, restando uns 500 máis, que se agarda realizar en breve.



Horta do Val participou na II Feira Nornas de produtos ecolóxicos

Horta do Val estivo presente na segunda edición da feira de artesanía, produtos ecolóxicos e de segunda man organizada polo Hostal Nornas de Gondomar, no recinto deste o pasado domingo dia 30 de xuño. Nesta ocasión, todos os participantes procediamos da comarca do Val Miñor.

O posto colocado ofreceu produtos frescos da zona e tamén outros elaborados por nós (galletas de améndoa, marmeladas de diversos tipos de froita da comarca, marmelo, etc.

Dende aquí queremos agradecer aos seus responsables e organizadores o convite que nos fixeron e ao mesmo tempo felicitalos e animalos a que sigan promovendo este tipo de actividades que consideramos fomentan o comercio xusto, local e o respeto ao medio ambiente natural; principios básicos nos que se sustenta o noso proxecto.

martes, 7 de mayo de 2013

Colaboración no Obradoiro de pan bio

Horta do Val colaborará no obradoiro de elaboración de pan ecolóxico que organiza a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", que se celebrará no local desta (escola infantil de Chan de Brito) o vindeiro fin de semana durante toda a xornada do sábado e o domingo 12 pola mañá.
O curso impartirao o investigador, permacultor e biólogo César Lema.