viernes, 30 de noviembre de 2012

Horta do Val mellorará estes dias as súas instalacións, polo que na vindeira semana non poderá realizar o reparto de produtos, reanudándose a súa actividade a partir do luns dia 10 de decembro.

martes, 27 de noviembre de 2012


Horta do Val aposta por unha agricultura respectuosa co medio ambiente

Consideramos necesaria a existencia dunha relación directa entre produtor e consumidor final baseada no diálogo, a transparencia e o respeto, que intenta acadar máis igualdade no comercio. Contribuir ao desenvolvemento sustentable ao ofrecer mellores condicións comerciais. Por un sistema baseado na utilización óptima dos recursos naturais repetando a diversade xenética do sistema e o seu entorno sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xenéticamente modificados, conservando deste xeito a fertilidade da terra, o respecto ao medio ambiente, protexendo a saúde de agricultores e consumidores e proporcionando alimentos con todas as súas propiedades naturais.


sábado, 27 de octubre de 2012

Nenos e nenas do Colexio de Mallón visitan as hortas de Horta do Val




Preto de trinta nenos e nenas do Colexio Público de Mallón, en Nigrán, visitaron o pasado venres dia 26 de outubro, as hortas de Horta do Val en Chandebrito. Acompañados polas súas mestras, os cativos, que puseron unha gran atención ás explicacións do labrego bio Ricardo, quedaron sorprendidos non só pola variedade de produtos cultivados, senón pola cantidade e a importancia que ten o respeto aos bichiños que se atopan no lugar (rans, ourizos, etc.), ademáis de coñecer algunhas das prantas que, ao igual que eses animaliños, repelen a outros que danan as colleitas. Todo isto, sen necesidade de aplicar ningún produto químico, para que todos poidamos disfrutar dunha vida máis sana.

lunes, 27 de agosto de 2012


PRINCIPIOS BÁSICOS DE HORTA DO VAL

Horta do Val traballa pola soberanía alimentaria, defendendo o dereito a unha alimentación saudable a través dunha produción local no Val Miñor, agroecolóxica e distribuida en canais curtos de comercialización directamente aos consumidores e consumidoras.

Entendemos que é necesario, e así o desexamos, que existan máis produtores que sigan este modelo, sustentable economica, social e medioambientalmente.

Pola soberanía alimentaria, polas labregas e labregos, polo medio ambiente, por ti, por todas, por todos.


SECCIÓNS:

  • DONDE ESTAMOS?: No lugar da de Per Costas, Camiño das Laxes núm. 13 – Chandebrito (Nigrán – Val Miñor, Galiza)

  • PRODUTOS:
    • Cereais e fariñas
      • millo (de produción propia)
      • trigo
      • espelta
      • centeo (de produción propia)
      • arroz
      • linaza
  • Legumes: xudía, garbanzo, lentella, feixón, soia, ervilla ...
  • Hortalizas e verduras: pataca, cenoria, remolacha, cebola, allo, tomate, pemento, cabaza, cabaciño, cogombro, leituga, verza, repolo ...
  • Froitas verdes: mazá, laranxa, mandarina, limón, lima, aguacate, pomelo, cereixa, kiwi, ameixa, pera, pexego ...
  • Froitos secos: noz, castaña, avelá, améndoa, figo
  • Plantas aromáticas: loureiro, romeu, herba luisa, menta, melisa...
  • Elaborados propios: galleta de améndoa, marmeladas, marmelo, confituras, salsa de tomate, pisto, pementos en conserva ...
  • Outros: aceites, vinagre das nosas mazás e uvas, mel, azucre, ovos das nosas galiñas ...

  • SABÍAS QUE...?:
    • Os nosos principios básicos son: agroecoloxía (non uso de pesticidas en ningunha das fases, nin aditivos, nin OMG); produción local (todo o que sexa posible cultívase no Val Miñor e o resto dos produtos proceden de lugares cercanos (As Neves, O Bierzo, Albacete, Valladolid, Norte de Portugal...); a redución do consumo, a reutilización de envases, o reciclaxe. Para acadar a maior calidade nos nosos produtos, tentamos que sexan cultivados o máis preto posible do consumidor final.
    • Os sistemas de cultivo que usamos son: rotación de cultivos; asociaciacións simbióticas; bancais con materia orgánica, etc.

  • AS NOSAS TERRAS E ANIMAIS:
    • As nosas hortas: En Chandebrito contamos cunha superficie total de 3.500 m2 aproximadamente (dos cales, a metade contan con cereais, outros 200 m2 son cultivos moi variados baixo invernadoiro e os restantes son prantacións de todo tipo ao aire libre: distribúense entre os lugares denominados A de Percostas, Soeido, Campiño, A de Rorís, Cova de Pías. En Vilaza: A Pousa, con 500 m2 cultivados (a metade en invernadoiro).
    • Os nosos montes: Xestionados de xeito sustentable, coa eliminación progresiva para leña, sen uso de produtos químicos de especies perxudiciais para o medio (acacia, eucalipto, etc.) e a prantación de frondosas: nogueiras, castiñeiros e carballos, algúns destes micorrizados; todo elo coa finalidade de obter froitos secos e cogomelos, para comelos directamente ou para preparación de elaborados e na alimentación animal, pero tamén para aportar o noso gran de area na eliminación dunha maior cantidade de CO2 que perxudica a atmósfera, contrarrestar o empobrecemento do solo, atraer choivas e combater os lumes forestais, entre outros beneficios.
    • As nosas froiteiras: Cunha prantación recente, próxima a 1.000 m2, de maceiras, laranxeiras, pexegueiros, etc., agardamos en poucos anos dispoñer da cantidade suficiente destas froitas para abastecer a demanda local.
    • Os nosos animais: Basicamente gando ovino e avícola, criado en liberdade e alimentado exclusivamente con produtos biolóxicos, variados e dun xeito equilibrado, obtendo así carnes e ovos da máxima calidade, salubridade e sabor. As nosas galiñas e polos comen millo ecolóxico non modificado xeneticamente e diariamente diversos produtos da nosa horta (verduras, hortalizas, etc.) saíndo cada dia ao campo. As nosas ovellas saen ao monte practicamente tódolos dias e complementan a súa alimentación coa herba dos nosos prados, así como con parte dos nosos cultivos orgánicos (millo, patacas, etc.)

  • CONTACTOTlf.: 628923411. Dirección correo electrónico: hortadoval@gmail.com Páxina en internet: www.hortadovalminor.blogspot.com  

miércoles, 7 de marzo de 2012

O famoso cantante Bunbury tomou produtos de Horta do Val

Recentemente, o famoso cantante de rock, o zaragozano Enrique Bunbury (ex-cantante de "Héroes del Silencio"), quen estivo en Vigo ofrecendo un espectacular concerto, probou algúns dos produtos de Horta do Val, distribuidos a tendas da cidade olívica especializadas en produtos ecolóxicos.

 http://ocio.farodevigo.es/img_contenido/noticias/2012/01/48553/2012_01_19_IMG_2012_01_19_034832_soc123__318x216.jpg

jueves, 23 de febrero de 2012

 Cultivos de millo e socalcos con bancais acolchados de herbas e toxo triturados para o cultivo de allo, cebola, etc. nunha parcela de case 1.000 m2 en Chandebrito

 Cultivos moi variados en bancais acolchados en invernadeiro de 200 m2: cenorias, pementos, tomates, remolachas, xudías, allos, cebolas, leituga, perexil, escarola, cabaciño... e un longo etcétera de produtos que se van rotando cada ano. O seu único abono é o acolchado de herbas e toxo triturado por nós, sen ningún produto químico.
Cabaciños cultivados no invernadoiro de Chandebrito

Centeo cultivado por nós en Chandebrito